sábado, 17 de noviembre de 2012

MARCHA CAMBRE 28-10-2012

Utilizando unha metáfora futbolística  quizais pouco afortunada ( quen mais quen menos xa está ata os .. do futebol ) ,poderiase dicir que o Roteiro organizado polos Caeiro é coma os partidos en un principio benéficos nos que se xuntan xogadores colegas dun famoso nun equipo e doutro noutro,alí ese día xuntanse todos e disfrutan do deporte que lles viu crecer.En Cambre é parecido,xuntaste con moitisima xente coñecida de aquí e de alá,charlas,conversas e como non, moreas de pedaladas ( porque nesta ruta como non des pedais vas para atras e acabas en Sigrás).Eso sí aquí o único benéfico propiamente dito foi  o chupito licorcafé de despois...
Para empezar a miña presencia non era segura por varios motivos, ao final conxuntaronse varios sistemas planetarios e puiden acudir...En compañía de Manolo ( aguantando estoicamente a miña retaila de protestas ao enterarme de que estaba apuntado para o maratón)  ,Cheo,Bao,Diego i Emilio, os do foro: Ricardo,Javi,Calviño,Pollo,Angel,Rogarpo,Oliver,Sayar (non sei donde incluilo),os do Burgo : Manolo,Jose Luis ,os Caimans,Os pulpeiros,As caracolas,Os Riazor,Quintena 41 Team, todo Dios vamos.
Non foi dificil atopar unha copistería aberta antes da saida, así que todo perfecto,separación entre Pros e Btwineros  na saida e os primeiros espadas e algun florete na primeira liña de saida como se a marcha acabara nos Campons.Ao enterarme na "comida" o tempo do primeiro na Maratón non puiden evitar un rictus de admiración e incredulidade,creo que era do Mapfre (Aspar Team dijo eu).
Manolo mais eu encaramos os primeiro kms coa única intención de pedalear sin pensar no corte,coitadiños...o acercamiento "a las faldas" do Xalo ven a ser o de case sempre con algun sendeiro variado,creo que o satelite  Gps dos que idearon o Roteiro caeu en barrena de tanta reviravolta que se dá por sendeiros e sendeiros.Como unha rosa chegamos a Celas e decidimos non parar no avituallamento ( menos mal porque non había ),a subida ao Xalo ven a ser a coñecida por todos:o principio é duro ( home para grimpeurs coma nós é  "Pataca Miuda" ) pero realmente o truco desta marcha atopase despois na baixada.Punto e aparte.
Será dificil que eu ( coma todos saberedes  son un maravilloso escalador e unha gran persoa , pero baixando vou mais tenso que os tirantes da ponte de Rande ) analice con rigor a dificultade ( máxima ) da baixada.O que sí podo asegurar e aseguro é que agás a primeira parte despois da curva ras sasar ( para Manolo ahí estaba o corte jaja ) que tiña moita dificultade o resto da baixada era de disfrutar ( incluso eu o fixen ).Un traballo pefecto da xente de Cambre,voluntarios,axudantes,fotografos,Protección Civil,Policia Local ( a destacar os conos na Nacional en Altamira que te facía creer que eras Pro,probiño eu ) a verdade que todo impecable superando neste aspecto a RDA para a miña sorpresa..
Recuperados os brazos da baixada criminal,comeza o realmente duro.A Aldea de Ascensor no Curuto de Montacargas,sube e baixa,baixa e sube.Se ata aquí iba ben,cando nos metían nesos sendeiros de Prado a tope empecei a lamentarme de non acostarme antes a noite do Sabado....esos kms fanse eternos sobre todo se o teu obxectivo é facer a Maratón,senon é duro pero sabes que a partires dos 40 ( kms ) todo é costa abaixo...chegado o avituallamento cruzada a nacional en Carral e xa totalmente conscientes de non poder completar a Maratón ( há de caer algun día verdad Manolo?? ),deleitamonos á solaina xa todo o grupo NegroVerde ( algun non )   botandonos algunhas risas con Emilio El Vaquilla,moi bo ambiente...
Volvendo xa para Cambre houbo algunha zona lanzada por Diego El Picón resolta sen maiores atrancos con chupada de roda incluida.Chegada a Cambre,lavado de bicis,e o único aspecto negativo do día foi non poder meter as bicis no recinto ( "Está prohibido,yo solo soy un mandado") para evitar que foran roubadas pero que pasados vinte minutos aquelo parecera Amsterdan.

Sen mais,un saudo e ata sempre. 

 

Ugo

 

 

 

Fotos:

 

https://picasaweb.google.com/lh/sredir?uname=109435372996957538902&target=ALBUM&id=5804415534299295713&authkey=Gv1sRgCLTT8eDp7-SDbA&feat=email

 

 

Track:

 

http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=3537717

 

 

Un saludo

 

 

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario