lunes, 19 de septiembre de 2011

MARCHA VIMIANZO 27/08/2011

Bueno, pois esta crónica si que demorou no tempo debido a falta de este; pero como un corresponsal de guerra abafado polas circunstancias sae das trincheiras xornalísticas para relatar de primeira man as vicisitudes dun grupo de valentes (agás un que recua nos ataques indiscriminados ás baixadas mermando o afamado potencial da patrulla de descenders do clube gañado a pulso na loita contra os catoutos,pendentes escalofriantes ou raices de arbores milenarias que se cruzan no camiño cara o final dun tramo).Desta volta a conquista discurría polas terras da Soneira combinando o monte máis cruel e fermoso co mar aberto,brilante e amenazador da zona da costa da morte.

A data do 27 de Agosto debería presupor un día de moita calor pero este tempo tolo que temos fixo que a alguen que eu sei sufrira molestias turbomoleculares diagnosticado como leve pero con reservas.En fin, na vila había un ambiente dominado polo BTT e por a terraciña do bar cercano ao pavillón, nela o cronísta fixo de relacións publicas do clube ensalzando a nosa marcha de Outubro ante a parroquia local e demostrando que os biketaberneiros somos moitos e adquirimos moito poder mentras debatimos sobre tal cervexa ou aquela suspensión.

Nesta ocasión a ruta era practicamente identica a do ano anterior agás a ubicación das paradas e unha baixada de area en pendente que a min parecianme areas movedizas e ao resto Lavedra.

Uns 270 bikers na saida,remarcando que eu cada vez vexo mellores bicis e de todo tipo de modalidades o que define moi ben o caracter de todos os que adoramos o ciclismo: enduro, allmountain, rally ( os máis guapos sin duda ),mesturado coa xente que acaba de descubri o BTT e que se amosa emocionado por participar na sua primeira marcha,algo que todos vivimos.
Saimos tranquilos ata que de supeto quentouseme o corpo e arrinquei coma se houbera barra libre na primeira aldea,como non a había as forzas comenzaron a fallar ,deber de ser esa a importancia da mentalidade en plan: ti mentalizate co queiras pero mentalizate.Ahi estabamos Juan, Javier, Cheo, Lolo, Bao, Luis, Ugo e un chaval cunha Cannodale que sempre está rosmando. A primeira subida desta marcha para min é especialmente bonita xa que ten un tramo técnico e moi divertido sin excesiva pendente que non te fai botar o likor kafé pero ainda así obrigate a botarlle algo de peito,esta subida remata no curuto cun desnivel máis forte que deixou ver a alguns negroverdes sorteando eucaliptos para escapar das retenciós,exito total na expedición.

O nivel técnico dos bikers de este club é realmente bo ( non é unha coña ) ,eu estou aprendendo moito con todos e stou superando retos que antes non conseguía.Plas,Plas ,Plas.

Enton chegarón os tramos en baixada con un par deles, digamos que perigosos, para min digamos que malditos.O ano pasado fostieime ( con perdón ) na segunda,na curva anterior ao reagrupamento e nesta na primeiro facendo un vo de uns centos de metros polo recorrido da ruta que parecía a patrulla aguila...
O resto da xente baixaba con tiento pero moi soltos,da gusto ver baixar a alguns. Habería unha terceira baixada xa tirando cara Vimianzo que fixo as delicias dos amigos do daunjil con esas curvas amplias pero moi rotas que fan o descenso moi divertido.
Antes de esa baixada estaba a que ía dar á praia de Traba moito máis limpa pero igual de divertida.Ahi chegouse ao Liquid and Solid nunha zona de monte perfecta para unha emboscada.
A praia é preciosa e incluso na de o lado había un campeonato se Sorf,digo Surf.

Despois do avitoalla,cada un colle o seu ritmo,destacandose todos para adiante excepto un par deles que quedamos vixiando a parte de atras por si fallaba o quad.
A subida despois da praia ten un aire ao Seixo Branco pero ainda máis cerca da mar.
De ahí ao final, mais baixadas,o da cannondale tropezou con algunhas pedras e a zona bacheada do final fixo sufrir de forma tremebunda e implacable a este que esta aquí.
Ducha de auga quente,comida para os que poden comela,cerveciña cos compañeiros comentando as xogadas e unha fantastica tarde de BTT que realmente é do que se trata.

Na próxima toca Laracha i esta Orquesta Sinfónica interpretará os mellores allegros mentras sortean quilometros de monte cun plantel de máis de 20 trompetas i eu que son un petardo.

Nos vemos alí, nada escapa ao ollo do cronista.

MARCHA VIMIANZO 27/08/2011


Actividad: mountain bike
Distancia recorrida: 45,15 kilómetros
Altitud min: -58 metros, max: 222 metros
Desnivel acum. subiendo: 916 metros, bajando: 936 metros
Grado de dificultad: Moderado
Tiempo: 3 horas 01 minutos
Fecha: agosto 27, 2011
Finaliza en el punto de partida (circular): Sí

http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=1985940


FOTOS: Pulsa aquí

No hay comentarios:

Publicar un comentario